Catro razóns para manifestarse contra a mina de Corcoesto

Tags

, , , , , , , , , , , ,

Este domingo a cidade de Carballo acollerá presumiblemente a maior mobilización pública celebrada ata o de agora contra o proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater. A Plataforma Salvemos Cabana contra a minaría tóxica na Costa da Morte e Galicia apoia de xeito solidario e apolítico as reivindicacións dos outros catro grupos que loitan activamente na nosa bisbarra e arredores para frear esta iniciativa irracional e inxusta coas futuras xeracións: a Plataforma pola Defensa de Corcoesto, tamén de Cabana, a Plataforma Contraminate de Laxe, a AAVV de Cereo en Coristanco e o grupo de acción de Santa Comba.

Seguir lendo Catro razóns para manifestarse contra a mina de Corcoesto

O Defensor del Pueblo investiga a mina de Corcoesto

Tags

, , , , , , , , ,

Inicia unha investigación de oficio sobre o polémico proxecto, solicita toda a documentación e reprende a Xunta por non ter en conta un alarmante informe do CSIC. O Valedor tamén inicia unha investigación.

Seguir lendo O Defensor del Pueblo investiga a mina de Corcoesto

As plataformas contra a mina de Corcoesto piden a paralización do proxecto tras as investigacións iniciadas

Tags

, , , , , , , , ,

As plataformas contrarias ao proxecto da empresa Edgewater para explotar unha mina de ouro en Corcoesto, en Cabana de Bergantiños (A Coruña), reclamaron este venres á Xunta que paralice estes plans, tras coñecerse que a Defensora del Pueblo abriu en xaneiro unha investigación de oficio ao respecto e que o Valedor do Pobo estuda tamén a súa incidencia tras recibir varias queixas.

Seguir lendo As plataformas contra a mina de Corcoesto piden a paralización do proxecto tras as investigacións iniciadas

Manifestación en Carballo contra a mina de Corcoesto

Tags

, , , , , , , , , , , ,

Manifestación Carballo 14 de abril de 2013. NON á mina de Corcoesto

O vindeiro domingo 14 de Abril ás 12 h. convocada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños e con saída dende o aparcamento do Haley, terá lugar unha manifestación en Carballo contra a posíbel autorización por parte da Xunta de Galicia da mina de Corcoesto como pretende a empresa transnacional canadiana Edgewater. No remate da mesma o escritor Manuel Rivas lerá o manifesto da Plataforma.

Non imos a a entrar a analizar en detalle o que significaría a implantación da mina isto xa o realizamos en infinidade de casos e démoslo a coñecer a opinión pública por medio de conferencias, charlas, manifestos, comunicados públicos…

Hoxe queremos salientar que esta será a manifestación central das mobilizacións que estamos a facer nestes momentos e que continuaremos no tempo con novas iniciativas de información, organización e loita.

Hai que parar este proxecto que podería supoñer un grave precedente para que non veñan detrás outros proxectos semellantes no noso país.

Non é un problema local de Corcoesto, Cereo e Valenza. Non é un problema de Cabana, Ponteceso e Coristanco. Non é un problema de Bergantiños. A mina Corcoesto é só a punta de lanza dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta Malpica-Tui. É un problema de toda Galiza.

O domingo 14 de Abril imos dicirlle á Xunta con voz alta, clara e forte que Bergantiños, que Galiza, non quere esta mina destrutiva no seu territorio, que Galiza non está en venta ás multinacionais, que non imos permitir baixo ningún concepto a destrución e o esquilmamento do noso país.

Esta manifestación convocada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, está apoiada como en ocasión anteriores por distintas organizacións sociais, políticas, agrarias, ecoloxistas, sindicais: Adega, Verdegaia, rede Galiza Non se Vende, Senda Nova, Espazo Ecosocialista, Confederación Intersindical Galega, UC de Ferrol de CC.OO., Sindicato Labrego Galego, Bloque Nacionalista Galego, Alternativa Galega de Esquerdas, Compromiso por Galicia, Galiza Nova, Partido da Terra, Véspera de Nada, ASC O Iribio, Plataforma pola proteccion da Serra do Galiñeiro, Foro Social de Cangas, Instituto de Estudios Bergantiñáns, AA.VV. de Cereo, Contramínate de Laxe

Esperemos que o éxito das mobilizacións realizadas e as futuras que convocaremos obriguen á Xunta de Galicia a deixar a conivencia con Edgewater e non aprobe a declaración do proxecto como industrial estratéxico, faga caso ás voces discrepantes da propia administración pública e non vaia adiante esta auténtica barbaridade.

La Xunta ignora sus propias alertas en el permiso ambiental a la mina de oro

Tags

, , , , , , , , , , , ,

El grupo ecologista que más ha destacado por combatir con argumentos científicos el respaldo sin reservas de la Xunta a la mina de oro de Corcoesto acaba de aportar nuevas pruebas. Un informe que encargó en 2009 la propia Consellería de Medio Ambiente a la Universidade de Santiago, y que sacó ayer a la luz la Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), alertaba a la Administración sobre el mayor riesgo de contaminación por arsénico en zonas donde se realizaron actividades mineras y aconsejaba un “fuerte control” en los lugares donde se superase una determinada concentración de este elemento químico. Ese nivel de referencia en el suelo (50 miligramos de arsénico por kilo) a partir del cual el Gobierno tendría que estar alerta es diez veces inferior al registrado en el monte de Cabana de Bergantiños (una media de 494 miligramos por kilo), donde la compañía canadiense Edgewater Exploration proyecta explotar un aurífero.

Seguir lendo La Xunta ignora sus propias alertas en el permiso ambiental a la mina de oro

Los productores agrarios marchan en contra de la mina de oro

Tags

, , , , , , , , ,

Nueva movilización en contra del proyecto minero de la compañía canadiense Edgewater Exploration en Corcoesto, que pretende implantar una mina a cielo abierto para extraer oro del subsuelo gallego. Más de 300 personas, entre productores agrarios, ganaderos y vecinos, se han manifestado por las calles del municipio de Cabana (A Coruña), en una marcha en la que participaron un centenar de vehículos y 17 tractores.

Seguir lendo Los productores agrarios marchan en contra de la mina de oro

“Por 13 anos de mina non podemos destruír un pobo”

Tags

, , , , , , , , , , ,

GaliciaConfidencial entrevista aos voceiros da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, críticos coa explotación de ouro que tramita unha firma do Canada grazas, din, a 21 millóns de axudas.

Seguir lendo Por 13 anos de mina non podemos destruír un pobo

Tractorada contra a mina de Corcoesto

Tags

, , , , , , , , , , ,

Sairá o vindeiro domingo 7 de abril desde Ponteceso e está apoiada por numerosas organizacións políticas, sindicais, ecoloxistas e sociais.

A plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños convoca a cidadanía a esta marcha “mixta”, na que participarán tractores e automóbiles, para protestar contra o polémico proxecto mineiro a ceo aberto que se prevé na comarca. A manifestación sairá do campo da feira de Ponteceso este domingo 7 de abril ás 11 da mañá e rematará na Casa do Concello de Cabana de Bergantiños, aínda que diversas columnas marcharán desde distintos puntos da zona para converxer antes na localidade de Ponteceso, tal e como se aclara nun comunicado.

Seguir lendo Tractorada contra a mina de Corcoesto

‘Salvemos Cabana’ acudirá a instancias europeas se a mina de Corcoesto é autorizada

Tags

, , , , , , , , ,

A entidade pídelle á Xunta que aplique o “principio de cautela” ante o dano que podería provocar a explotación e lembra a resolución aprobada polo Parlamento europeo en 2010 que alerta dos perigos dos proxectos mineiros de carácter aurífero a ceo aberto.

Seguir lendo Salvemos Cabana acudirá a instancias europeas se a mina de Corcoesto é autorizada

A Universidade de Vigo nega que apoie a mina de Corcoesto

Tags

, , , , , , , , , , , ,

Advirte que denunciará a empresa mineira “se utiliza a sinatura dun convenio para xustificar o proxecto” e aclara que o acordo só consiste en elaborar un informe para avanzar nas medidas protectoras e correctoras establecidas na Declaración de Impacto Ambiental.

Seguir lendo A Universidade de Vigo nega que apoie a mina de Corcoesto